
Elena Cuiña
Televisión | Cámara
Televisión, Cámara
Biografía
Actualmente compaxina a edición de vídeo para Diariomotor coa labor de fotógrafa para o xornal La Voz de Galicia. Asume tamén o posto de técnico de luces e son na compañía teatral A Cova das Letras. Ao mesmo tempo realiza pezas audiovisuais completas como videógrafa freelance, nas que é responsable de todo o proceso de creación e as cales abarcan dende a reportaxe social ata vídeos promocionais, pasando pola gravación de actuacións musicais, documentais e ficción. Por outra banda, vén adquirindo tamén experiencia no eido da televisión, colaborando en programas de entretemento e series de ficción como "L'estudi", "El Cau de les Feretes" e "Júlia i Gilbert" para À Punt (Televisión Autonómica Valenciana) e "A Estiba" e "Serramoura" para TVG (Televisión de Galicia), formatos nos que desenvolveu sempre as súas función principais en torno á cámara de vídeo.