
Sara C. Lorenzo
Film | Direction | Director
Divulgación científica 💭 Foto e vídeo 📷 PhD Cinema 🔎📚 🎬
Biografía
Nada na Coruña e apaixonada do cinema e do mar. Licenciada en Comunicación Audiovisual entre a Universidade de Vigo e a Universitat Pompeu Fabra, Mestrado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e Mestrado en Montaxe Cinematográfico pola Escola de Cinematografía e Audiovisuais de Catalunya (ESCAC). Actualmente, Profesora na La Fac. de Cc. da Comunicación de Ideación e narrativa audiovisual e Teoría e análise da televisión (Departamento de Comunicación, USC), contratada predoutoral e IFP no Grupo de Estudos Audiovisuais onde está desenvolvendo a tese O Triplo Corte: como despedazar o corpo na pantalla. É parte do Grupo de Innovación Docente COMVIRTINDO e do Centro de Investigación Feminista e en Estudos de Xénero (CIFEX), ambos da USC.
Como comunicadora da ciencia, desenvolveu tarefas como Técnica de Comunicación e Divulgación Científica no CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil da Universidade da Coruña): Animación vectorial e creación de vídeos de divulgación científica para público infantil, gravación e posprodución de vídeos científicos divulgativos, fotografía, deseño gráfico e web, creación da visita virtual do centro e de todo o material audiovisual xerado para a mesma, promoción de actividades de difusión, apoio na organización de eventos e realización videográfica en streaming/directos. Dende o 2015 ao 2017 traballei como comunicadora de Investigación e Desenvolvemento no CACTUS (Centro de Apoio á Ciencia e á Tecnoloxía da USC).
Actualmente, distribuindo a curtametraxe Cafeína (dirección, guión e edición), seleccionada en múltiples festivais a nivel internacional e gañadora de:
- Premio á millor actriz 2ª (Isabel Naveira) no VI Fbci - Festival Brasil de Cinema Internacional 2020, Brasil.
- Premio á millor BSO no VI Fbci - Festival Brasil de Cinema Internacional 2020, Brasil.
- Premio á millor montaxe no Festival Internacional de Curtametraxes de Mumbai 2019, India.
- Premio ao millor guión no Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM) 2019.
- Premio á millor morte no Festival de Cinema Fantástico da Coruña (FKM) 2019.
Para máis traballos: https://linktr.ee/SaraCalveteLorenzo
Outras realizacións audiovisuais:
- Monstras, García, Eire. Corentena Producións, 2019, 5 cap., 20´, HDV. Operadora de Cámara do capítulo 1 da webserie.
- Felices, Muñoz, Pelayo, Escuela de Cinematografía i Audiovisuals de Catalunya, 2011, Barcelona, 13´, HDV. Edición de vídeo, cor e postprodución da curtametraxe.
- Principal Cuarta, Llorens, Llaura, Escuela de Cinematografía i Audiovisuals de Catalunya, 2011, Barcelona, 15´, HDV. Edición de vídeo e grafismo da curtametraxe.
- El Súper, Barneda, Alba, Barcelona, 2010, 13´, 16mm. Axudante de dirección e script da curtametraxe. Escollido na Universitat Pompeu Fabra para a súa gravación en 16mm.
- Ao fío do retrato, TV7, IBISA TV. Santiago de Compostela, 13 cap., 25´, HDV./ 2010Edición de vídeo, cor e posprodución da serie, TV7 e IbisaTV, Emisión na Televisión de Galicia.
- Pode Ser. Seijo, Carlos, Mr. Misto Films, 2009, Ribadeo, 12´,HDV. Axudante de iluminación da curtametraxe.
- Sen Escrúpulos. Seijo, Carlos. Ribadeo, 2008, 12´, DV. Axudante de dirección e son. Premio a Toda Mecha á millor curtametraxe no Festival ON/OFF de cinede Ribadeo.
- De 8ito a 8ito. 2007, Pontevedra, 12´, DV. Dirección, Guión e Produción da curtametraxe,Subvencionado polo AGADIC, Xunta de Galicia