Skip to main content
Bea Saiáns

Bea Saiáns

Film | Direction | Director

Guión e dirección / Docencia / Fotografía

Contact

  • País: 
    España 
  • Comunidad autónoma: 
    Galicia 
  • Ciudad: 
    Vigo  
  • Email 
    This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. 
  • Mobile:  
    685514453 
 
 

Biografía

Son Bea Saiáns (Vigo, 1991) nacín en Vigo porque é onde hai hospital, pero son do Valmiñor. Onde pasei toda a miña infancia e adolescencia ata a universidade.

Son graduada pola Facultade UVIGO en Comunicación Audiovisual (2016) porque non existe na Galiza unha carreira de cinema. No marco dese grao en Pontevedra, axiña funme formar máis no Instituto Politécnico do Porto (Porto, Portugal) e na Universidade Católica Portuguesa (Porto, Portugal). Estou especializada en Comunicación e Xénero (Universitat Autònoma de Barcelona,2018) formada tamén como formación complementar a través de residencias La Plantación, con Víctor Erice, Pedro Costa e Joan Fontcuberta. Así como con Carla Simón en masterclass do Centre Francesca Bonnemaison, (Barcelona).
A nivel formativo tamén fun beneficiaria da I Edición CIMA Mentoring 1 to 1 (2021) organizado polo ICAA, Netflix e CIMA na especialidade de Dirección de fotografía, coa que recibín formación con Almudena Sánchez e asistín a varias masterclass como pode ser a de Caroline Champetier directora de fotografía de películas como Holy Mottors (2012, Leos Carax),Tout une nuit (1982, Chantal Akerman) Grandeza y decadencia de un pequeño comerciode cine (Jean-Luc Godard, 1986). Desde nova síntome moi segura detrás das cámaras, por iso traballei rápidamentecomo fotoxornalista mentras estudaba (La Directa, Novas da Galiza). Actualmentecolaboro para medios como Eldiario.es ou ElSalto. Pronto procurei outras linguaxes e formatos audiovisuais coas que expresarme e noeido da videocreación fun finalista do Certame XuventudeCrea (2019) co videopoema Pai. Descubrín que a literatura, permitíame expresarse de maneiras menos concisasque os documentais expositivos e achegarme a unha apertura que precisaba e que íaalén das propias palabras.

Escribín o poemario Sen menosprezar aos caniches (2019) co que fun finalista no Certame de poesía Florencio Delgado Gurriarán. Un ano máis tarde escribín Se tivera unpau e gasolina e unha amiga e un chisqueiro (2020) e gañei un premio no Certame de Poesía do Concello de Outes . O xurado, destaca “o ton irreverente e inconformista e amaneira fresca e innovadora coa que liga coa temática de calado social”. Unha persoaentusiasta do xurado, ponse en contacto con Edicións Malafera, de ahí nace o meuprimeiro libro, Baliza (2023) un diccionario poético. “A poesía comeza onde a palabradeixa de ter utilidade” di a contracapa. No 2023 escribín algúns artigos de opinión en Praza.Gal e participo do primeiro libro colectivo sobre identidades bisexuais na Galiza, editado por Editorial Xerais e coordenado por Ana Amigo e Ánxela Lema e que sae á luz no 2024 .O 8 de Marzo de 2022 sacamos á luz CRU Producións, a produtora na que traballo con Iris Justo, a primeira produtora da Galiza que prioriza equipas técnicas e creativas depersoas do colectivo LGTBIQA+ e mulleres, co fin de paliar a fenda de xénero no sectoraudiovisual (INFORME CIMA 2022). CRU gaña ese mesmo ano o 1o Premio Provincial daXuventude 2022 á Mellor Iniciativa Empresarial outorgado pola Deputación de Pontevedra. O primeiro propósito de CRU é o apoiar ás mulleres e ás persoas artistas docolectivo LGTBIQA+ así como aquelas que habitan nun universo máis underground. Sae desa vontade Ratatá (2022). Vídeo musica do artista O Rabelo co que accede aos XXIPremios Mestre Mateo e gaña unha mención especial no Festival de Cans (2023). No 2023 aceptamos producir o proxecto Delincuente para a poeta non binaria Nuria Vil,gañadora dunha Bolsa Ensaia 2022. Ademais son guionista e directora da serie Régimen, en desenvolvemento, que recibe unha residencia audiovisual (2021) en LaBonne (Centre Francesca Bonnemaison) e tamén o acceso ao programa dedesenvolvemento AGAPI COPROS coa produtora Portocabo (2023). No 2024 escrebe e dirixe a serie Delirio Sketchs, seleccionada nas residencias  de creación A Casa No Alto, no programa de titorías para mulleres guionistas AGAG-Fundación SGAE co guionista Jacobo Díaz, no programa Conecta+ de CREA e é finalista no Festival Carballo Interplay.